EDIUS-IA

Formación

Apoio á investigación

EDIUS AI Playbook

Observatorio da Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela (EDIUS) para ofrecer información e formación sobre o uso ético e responsable de ferramentas de intelixencia artificial na investigación.

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors
Filter by Categories
Fase 1. Planificación
Fase 2. Documentación
Fase 4. Tratamento de datos

Mapeo permanente de recursos de IA

Sobre EDIUS AI Playbook

A intelixencia artificial está a transformar as dinámicas de planificación, produción e difusión da investigación, engadindo novas posibilidades e tamén novos retos éticos. EDIUS AI Playbook ofrece un mapeo permanente e estruturado das ferramentas que poden asistir á comunidade investigadora nas distintas fases do proceso científico. Explícanse as potencialidades e limitacións destes recursos, e achéganse recomendacións de uso, exemplos de fluxo de traballo e orientacións de boas prácticas para a súa integración responsable na investigación.

0 +

Tarefas identificadas

0 +

Ferramentas Analizadas

0 +

Manuais de ética e boas prácticas

Bloques temáticos

Aplicación da IA en fases e tarefas de investigación

En EDIUS AI Playbook organízase o proceso de investigación en seis grandes fases secuenciais, desde a formulación do proxecto ata a difusión dos resultados. En cada fase identifícanse tarefas nas que a intelixencia artificial pode prestar apoio e ofrécese unha selección de ferramentas específicas, modelos de interacción (prompts) e recomendacións de uso.

Fase 1. Formulación, planificación e deseño da investigación

Definición do problema de investigación, das preguntas, da metodoloxía e creación dos instrumentos necesarios para o estudo.

Fase 2. Busca, revisión e xestión de literatura e documentación

Localización, análise crítica e organización da literatura científica e da documentación relevante para a investigación.

Fase 3. Recollida, clasificación e organización inicial de datos

Obtención dos datos empíricos e organización inicial da información recollida para o seu tratamento posterior.

Fase 4. Tratamento, preparación, limpeza e análise de datos

Transcrición, tradución, depuración e análise dos datos para obter resultados consistentes e interpretables.

Fase 5. Produción científica: estruturación, síntese, revisión e edición

Estruturación, síntese, revisión lingüística e edición dos materiais científicos xerados na investigación.

Fase 6. Comunicación, visualización e difusión de resultados

Adaptación, visualización e presentación dos resultados de investigación en distintos formatos e canles de difusión.

Solucións e aplicacións clave

Análise profunda de aplicacións relevantes

Algunhas ferramentas de IA presentan unha relevancia especial polas prestacións que ofrecen e pola súa utilidade potencial para a investigación. Por este motivo, o observatorio incorpora un apartado específico no que se analizan de forma profunda estas solucións clave, describindo o conxunto de tarefas investigadoras que permiten abordar.

Ferramenta de IA xerativa transversal para apoiar a formulación de ideas, a síntese de contidos, a revisión de textos e a reflexión metodolóxica en todo o proceso de investigación.

    Chat GPT
    Chat GPT

    Open AI

    Caderno intelixente que permite interrogar e sintetizar directamente artigos, notas e transcricións propios, xerando resumos e esquemas centrados nas fontes do proxecto.

      NotebookLM
      NotebookLM

      Google

      Asistente de revisión de literatura que busca artigos relevantes, extrae datos chave e constrúe táboas comparativas para apoiar revisións narrativas ou sistemáticas.

        Elicit
        Elicit

        Ought

        Plataforma integral para buscar literatura, ler e analizar artigos en profundidade, explicar conceptos complexos e xerar sínteses estruturadas.

          SciSpace
          SciSpace

          SciSpace

          Ferramenta de síntese visual que axuda a transformar ideas, notas e resultados en esquemas, diagramas e representacións gráficas fáciles de compartir en entornos dixitais.

            Napkin.ai
            Napkin.ai

            Napkin.ai

            Plataforma de voz con IA que permite converter texto en audio de alta calidade, crear voces sintéticas e analizar gravacións, útil para xerar materiais sonoros e prototipos.

              ElevenLabs
              ElevenLabs

              ElevenLabs

              Documentos de referencia da EDIUS

              Guías, manuais e documentos de boas prácticas

              Desde a Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela (EDIUS) preséntanse diferentes documentos que recollen recomendacións éticas, criterios de uso responsable e orientacións prácticas para integrar a intelixencia artificial na actividade investigadora. Estes materiais están dispoñibles para consulta e descarga e actualízanse de maneira periódica.

              Guía Ética IA

              Guía de uso ético da intelixencia artificial na investigación

              Documento marco que recolle os principios básicos de uso responsable da IA na investigación no ámbito da EDIUS.

              IA en teses e artigos

              Recomendacións para o uso de IA en teses e publicacións científicas

              Guía centrada no emprego de modelos xerativos en traballos de doutoramento e artigos.

              Protección de datos

              Manual de protección de datos en proxectos que empregan IA

              Documento que ofrece pautas para o tratamento de datos persoais e sensibles cando se utilizan ferramentas de IA.

              Boas prácticas

              Boas prácticas para integrar a IA no traballo investigador

              Guía práctica que describe como incorporar ferramentas de IA nas distintas fases da investigación, sinalando posibles beneficios e riscos frecuentes.

              Funcionamento do observatorio

              Tres pasos para completar o mapeo

              Desde EDIUS AI Playbook constrúese e actualízase o mapeo do uso da intelixencia artificial na investigación mediante un proceso continuo en tres pasos: detección de tarefas, identificación de ferramentas e análise aplicada co obxectivo de ofrecer orientacións claras ao persoal investigador.

              Paso 1. Detección de tarefas automatizables

              Identificación das tarefas do proceso de investigación nas que a intelixencia artificial pode prestar apoio, mantendo sempre o criterio científico e a decisión final na man da persoa investigadora.

              Paso 2. Localización e selección de ferramentas

              Localización, comparación e selección de ferramentas dispoñibles que dan soporte a cada tarefa, atendendo a criterios de utilidade, estabilidade, accesibilidade e adecuación ao contexto académico.

              Paso 3. Análise, testeo e elaboración de fichas

              Proba e análise do funcionamento das ferramentas seleccionadas, descrición dos seus puntos fortes e limitacións, e elaboración de fichas explicativas con recomendacións de uso ético e exemplos prácticos para o persoal investigador.

              Suxestións de tarefas e ferramentas

              Asistencia permanente para a investigación ética con IA

              Se precisas máis información sobre unha nova tarefa ou ferramenta, compártea connosco e trataremos de incorporala ao mapeo.

              Resumen de privacidad

              Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. So empregamos as cookies estrictamente necesarias, sen outras finalidades de analítica. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.